jueves, 25 de febrero de 2016

WORKING WHEELS

 A semana pasada tivemos a oportunidade de estar con Alex e coa súa iniciativa WORKING WHEELS. Deunos unha lección de superación de barreiras físicas e mentais. O que quere algo, ten que loitar para conseguilo. Pódese!Saímos no XORNAL (pinha aquí).

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Aquí temos o video da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO. Quedou bonito, bonito. Con estes grandes intérpretes non podía ser doutra maneira. Noraboa polo voso traballo. Somos un gran equipo!!

Facemos un conto?

Hoxe podemos facer un conto con Pancho.  É ese señor ao que se lle move o bigote, moi majo.

CONTO

canción de Xan

 Aquí temos a canción de XAN. no blog de SON DE POETAS podedes escoitar moitas cancións que son poemas musicados de autores galegos moi importantes, como os de Rosalía de Castro.

XAN. ROSALIA DE CASTRO



NOVO BLOG

A causa dun problemiña técnico, todo o que tiñamos no blog desapareceu, pero non pasa nada. Por que como agora xa sabemos utilizalo vamos a facer un blog máis completo. Con publicación que conteñan información amplia, con fotos e videos.
Moito ánimo e vamos a por todas!!